Agility Compostela


Os nosos Cans
Hai uns 15.000 anos entraron na nosa vida. Dende entón, calquera que fora a nosa actividade, sempre fixeron o que mellor saben facer: adaptarse ás nosas necesidades; o mesmo cazando que coidando dos nosos rabaños, axudando aos nosos cegos ou enfrontándose con valentía a calquera para defendernos, buscando explosivos ou vítimas de catástrofes; souberon adaptarse á nosa vida sedentaria, converténdose en inigualables compañeiros que nos reciben sempre con alegría cando chegamos a casa. E todo isto só por agradarnos e poder estar á nosa beira, a súa ración de penso, coidados veterinarios, pasear connosco e un pouco de cariño. Non é moito verdade?
(Fernando Estevez, adestrador e educador canino) Curriculum. Contacta co club no teléfono 646 291 070


Federación galega de Agility
Agility Compostela pertence á Federación Galega de Agility

O Agility
É unha actividade educativa e deportiva na que os cans, conducidos polos seus guías, superan diversos obstáculos co fin de poñer en evidencia a súa intelixencia, obediencia, concentración, sociabilidade e axilidade. Non se trata, pois, dunha simple carreira de velocidade, senón dunha competición de habilidade e destreza, que pode ser practicada por todo tipo de cans e persoas.

O agility está concibido para o gozo e diversión tanto do guía, como (e sobre todo) do can, transmitindo valores de autocontrol e favorecendo o contacto coa natureza.

Naceu no ano 1978 en Inglaterra como entretemento para o público no tempo libre da Dog Cruft’s Show, sendo homologada oficialmente polo Kennel Club no ano 1981. Actualmente, en moitos países existe unha competición regulamentada de Agility que dá acceso a diferentes campionatos, tanto nacionais coma internacionais

Equipo de Agility Compostela