Que facemos


  • Agility e iniciación ao agility
    Empezaremos por que lle aprendas ao teu can a obediencia necesaria para que che siga na pista. Logo aprenderás a dirixilo para salvar os diferentes obstáculos e a colocarte na pista durante o percorrido, pero, sobre todo, pasaredes un bo rato xuntos.

    ¿Quen pode practicar Agility?
    O Agility é unha actividade de lecer e deportiva na que poden participar todo tipo de cans,
    sen distinción de raza, adaptando a altura dos obstáculos ao seu tamaño (estándar, midi,
    mini).

    Está aberta tamén a todo tipo de persoas independentemente da súa idade. Nas probas
    organizadas pola FGA existe unha competición infantil na que participan rapaces e rapazas
    menores de 16 anos, cos seus propios cans ou mesmo con cans doutros participantes adultos
    que os “comparten” con eles para fomentar a realización desta saudable actividade deportiva
    entre a infancia e a mocidade.

  • Educación e obediencia básica
    Ensinarás ao teu can a camiñar ao teu lado, sentar, tombarse, quedar quieto e acudir á túa chamada, con e sen correa.
  • Socialización de cachorros
  • ODU: Obediencia Deportiva de Utilidade
  • Detección deportiva de sustancias
  • Rastro orientado á búsqueda de persoas

Equipo de Agility Compostela